Aceites de Oliva, Alimento 10

Os aceites de oliva son un alimento único

Único, porque é o único aceite que se extrae directamente dunha froita, a oliva.

Único, porque acompañou ás grandes civilizacións que se desenvolveron no Mediterráneo ao longo de miles de anos. De feito, a oliveira é un dos símbolos do Mare Nostrum e dos pobos que o habitan. En España, o seu cultivo remóntase a uns 3000 anos de antigüidade.

Único, polos seus BENEFICIOS SAUDABLES, grazas aos que se converteu nun dos piares da dieta mediterránea, como principal fonte de graxa dunha das dietas máis equilibradas e sostibles do mundo.

Único, porque conta con tres categorías comerciais que permiten ao consumidor elixir o que mellor se adapta aos seus gustos, ás distintas técnicas de cociña e ao seu peto: Aceite de Oliva Virgen Extra e Aceite de Oliva contén exclusivamente aceites de oliva virxes e aceites de oliva refinados.

Único, porque aqueles que opten polo Aceite de Oliva Virgen Extra, o da máxima calidade, terán ao seu dispor unha inmensa gama de aromas e sabores. En España cultívanse máis de 200 variedades distintas de oliva con cadanseus aromas e sabores característicos. Dende os picuales intensos e verdes ou os empeltres de amargor e picor lixeiros. Entre medias, hojiblanca, arbequina, picudo, manzanilla cacereña, cornicabra, blanqueta, royal…

Único, porque se poden utilizar como ingrediente e soporte de calquera técnica culinaria. Trátase dun dos ingredientes máis versátiles na cociña, cun rendemento sorprendente, capaz de potenciar sabores, resaltar calquera presentación, selar unha fritura mellor que outras graxas e texturizar en emulsión fría ou quente, en repostería ou simplemente en cru.

Único, porque se converteu nun dos sinais de identidade da cociña española internacionalmente. Algúns dos cociñeiros máis influíntes de todo o mundo fixeron deste alimento a súa bandeira.

Único, porque conforma o maior bosque humanizado do mundo, con máis de 360 millóns de oliveiras. Un bosque que non collería na Comunidade Valenciana. Un bosque que, ademais, está ligado a un ecosistema moi rico en amplas zonas do país.

Único, porque é o primeiro cultivo ecolóxico de España. De feito, unha cuarta parte da súa superficie cultívase con prácticas moi estritas de sustentabilidade ambiental.

Único, porque todos os anos consigue para España os máis importantes premios internacionais á calidade dos mellores aceites virxes extra. Unha calidade pola que velan especialmente 29 denominacións de orixe e dúas indicacións xeográficas protexidas repartidas por todo o país.

Se queres saber máis sobre OS BENEFICIOS SAUDABLES DOS ACEITES DE OLIVA entra aquí