Scolarest
En Scolarest traballamos cada día para influír positivamente nas familias por medio da alimentación
O noso obxectivo é favorecer o benestar de toda a comunidade educativa de forma segura, saudable e sostible. E, para conseguilo, ofrecemos un servizo integral baseado en cinco piares:
- Alimentación Saudable
- Sustentabilidade
- Aula Comedor
- Execución do servizo
- Conectados
Alimentación Saudable
A dieta mediterránea é clave na nosa proposta gastronómica para gozar dunha alimentación equilibrada, esforzándonos por ofrecer materia prima de calidade, fresca e de temporada, dando prioridade á proximidade a través de provedores locais e á orixe ecolóxica dos alimentos.
Fomentamos unha educación nutricional nos nenos para que se convertan nos futuros consumidores de forma consciente. Aproveitamos a súa curiosidade e capacidade de aprendizaxe para dar a coñecer novas tendencias e produtos cos que deleitarán o seu padal e ampliarán o seu horizonte gastronómico.
Ademais, adaptámonos ás necesidades de cada comensal segundo os seus hábitos culturais, dietas específicas ou alerxias e intolerancias, centrándonos no noso principio “A seguridade é o primeiro”.
Sustentabilidade
No noso día a día, levamos a cabo diversas accións coas que reforzamos o noso compromiso coa Sustentabilidade para contribuír a un futuro máis responsable co ambiente e coa nosa sociedade.
Implantamos procesos socialmente responsables coa nosa contorna, tanto a nivel de procedementos e aforro de enerxía, como cos nosos empregados e co ambiente, dende a redución do desperdicio alimentario ata a reutilización dos materiais.
En Scolarest, somos conscientes de que eles son o futuro da nosa sociedade e os nosos Equipos traballan con vocación e paixón para contribuír a que se convertan en adultos responsables e comprometidos coa súa alimentación e o seu benestar.
AULA COMEDOR
Na Aula Comedor, ademais de coidar minuciosamente os nosos menús, desenvolvemos o noso Proxecto Educativo para transmitir valores e hábitos de vida saudables.
Baixo o nome «Skoolarest», facemos que comer sexa moito máis que sentarse á mesa, co que o comedor escolar se converte nun espazo educativo máis no que os protagonistas son os nenos. Mar Romera, recoñecida mestra e pedagoga especialista en Intelixencia emocional, é a nosa asesora e colabora co equipo de Scolarest para construír este programa innovador e actual dende a mirada pedagóxica.
Para levalo a cabo, cada ano deseñamos unha Programación Educativa a través da que os nenos aprenden e gozan mediante xornadas e actividades diferentes todos os meses.
Todo isto nun comedor deseñado para que se sintan como en casa, coidando todos os detalles de iluminación, cores e materiais que os rodean. Apostamos por espazos polivalentes con elementos naturais e cálidos, ordenados e coidados.
Execución do servizo
Contamos con profesionais altamente cualificados, comprometidos e con gran vocación. Os nosos equipos están especializados en analizar, xestionar, supervisar e deseñar o servizo máis adecuado para cada centro educativo, onde o benestar dos nenos e as familias é o centro das nosas accións.
Conectados
Establecemos unha comunicación fluída e unha escoita activa coa comunidade educativa, fundamental para lograr o obxectivo en común: que os nenos aprendan a relacionarse coa súa alimentación de forma saudable e responsable.
Dispoñemos de diversas ferramentas de comunicación para garantir que, tanto a dirección do centro educativo como as familias, estean informados en todo momento sobre o que ocorre cada día no comedor, así como de todas as iniciativas que levamos a cabo.
Organizamos encontros, ofrecemos recomendacións e impulsamos o intercambio de información para fomentar un ambiente próximo e de confianza.